En Pontedeume, segundo a liquidación do presuposto do 2010 presentada onte en Pleno, prodúcese unha situación de necesidade de financiación e incúmprese o obxectivo de estabilidade orzamentaria.
Ao ser a situación de déficit superior ao 5,53% dos ingresos, permitido por lei, – pois a necesidade de financiación se eleva a 1.532.912,09€-, haberá que realizar un plan económico- financeiro nun prazo máximo de tres meses que conteña as medidas necesarias para alcanzar o equilibrio.
Este feito grave en calquera caso para o funcionamento dunha administración local e máis sorprendente se cabe ao falar de Pontedeume pois o 2010 o Goberno optou por funcionar có orzamento prorrogado do 2009, opción coa que continúa o presente ano situación que non permite ningunha nova inversión.
Contando ademais con que se herdou unha situación económico-financeira saneada, con resultado orzamentario e aforro neto positivo dende o 2006 e con remanente de tesourería positivo que aínda no 2009 estaba en 822.000€, como poidemos chegar a unha situación no 2010 de déficit de máis de millón e medio de € e un remanente de tesourería negativo de -405.957€, nun concello do tamaño de Pontedeume?
Temos que lembrar que no 2010, se recortan os salarios (gastos de personal) nun 5%, e este aforro debería facerse extensivo a outras partidas, e pola contra se disparan os gastos en bens corrente e servizos e outras partidas de gasto.
A pouca seriedade deste goberno á hora de facer os orzamentos inflando os ingresos sistematicamente ano tras ano, a mala xestión de tesoureria con cifras avultadas de facturas pendentes de pago, asi como avultadas cifras de deudores pendentes de cobro, e o descontrol e falta de transparencia no gasto, a multitude de facturas a empresas sen o concurso previo, pagadas con reparo de intervención que sempre o Alcalde se encargou de levantar fixeron que un concello saneado estea agora nun brete económico tal que o obriga a emendar en tres anos os desatinos económicos da anterior lexislatura onde se gastou máis do que se ingresou nuns anos en que o concello tivo ademais o reforzo económico dos dous Plan E e dos Plans Anticreses da Deputación.
E isto ocorre mentres o goberno pecha os ollos e en vez de comezar o plan de reequilibro por eles mesmos, o Sr Alcalde sóbese o salario un 27,6% o Tenente Alcalde o 38,3% 3 as Xuntas de Goberno o 50% e a Sra Concelleira de Educación rise e táchanos de demagogos cando pedimos, por exemplo, a prontitude nas axudas de comezo de curso e un incremento similar ao dos seus soldos.

0 opinións:
Publicar un comentario en la entrada