O BOP do pasado martes 11 de xullo, sendo aínda Presidente do ente Provincial D. Salvador Fernández Moreda, publicábase a "Contratación mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na DP 4803 de Miño a Pontedeume por Perbes pk 7+100 ao 10+225 (Pontedeume)".
Este feito é froito do compromiso adquirido hai pouco máis de dous meses polo naquel momento Deputado Provincial socialista e Presidente da Comisión Especial de Contas, D. Antonio Lagares nunha reunión mantida co Voceiro do noso Grupo Municipal, Bernardo Fernández e membros da Asociación de Veciños de Centroña.
Nese encontro trasladóuselle ao representante do Organismo Provincial a necesidade e urxencia de dita actuación, proposta que foi ben recibida, e pola que se procedeu a dar instrucións a un dos técnicos da administración para o inicio dos trámites necesarios para a construción dunha “senda peonil” separada da calzada por un “bordillo”, o que garantiría a seguridade dos viandantes e remataría con a situación de perigo que existe actualmente.
Dende o Grupo Municipal Socialista congratulámonos por esta nova que supón un primeiro paso para dar resposta a unha vella reivindicación veciñal e esperamos que a actual Presidencia da Deputación Provincial siga apostando por esta importante actuación.
Así mesmo, desexamos que dende o Grupo de Goberno do Concello de Pontedeume se actúe con máis responsabilidade que a amosada en outras ocasións.

0 opinións:
Publicar un comentario en la entrada