Hoxe á mañá portas e ventás do CEIP “Couceiro Freijomil” apareceron forzadas e as aulas revoltas e saqueadas, un roubo máis a sumar á ola de sinistros que enchen ultimamente nas noites eumesas, desta volta os ladróns levaron un considerable nº de ordenadores impedindo o normal desenvolvemento das clases dos máis pequenos da vila.
Na recepción da obra do novo “Couceiro Freijomil” o 9 de setembro de 2009 a Dirección do Centro entre outras eivas xa denunciou a inexistencia de alarma, xa anteriormente reclamada ante a Delegación, inspección, Unidade Técnica e Constructora...
Ante a falta de resposta da Xunta de Galicia, o historial de roubos anteriores e ao ser a garda e custodia responsabilidade do Concello reclamouse solución de este problema tamén ao Goberno Municipal tanto dende a Dirección do colexio como dende o noso Grupo Municipal trasladando as queixas da Comunidade Educativa polas eivas do novo colexio.
Nada se conseguiu e vimos ao longo destes dous anos, ademais de algún intento de roubo, como profesorado e alumnado traballaban xuntos cara á modernidade, sen desánimo e con moitas ganas a pesares dos variados incidentes e da falta de apoio institucional.
O colexio conseguiu o Comedor Escolar, programas de Inmersión Lingüísticas,Plan Melloras Bibliotecas Escolares. o proxecto Avalar, destinado a integrar as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) no sistema educativo galego...
Sorprende ademais esta deixadeza por parte do Concello cando este colexio sempre está aberto a colaborar co mesmo en actividades fora do horario escolar, campionatos deportivos, celebracións de eventos culturais municipais, etc.O Concello utiliza as aulas, pistas, comedor do colexio para actividades organizadas por el mesmo e por as organizacións eumesas.
A falla de previsión na custodia dos bens públicos tanto da Consellería de Educación como do Concello de Pontedeume facilitaron o traballo dos amigos do alleo que sabedores de que o Centro conquerira unha respectable dotación informática en unha fin de semana arrasaron có que tanto custou conseguir.
Dende o PSdeG-PSOE queremos unha vez máis denunciar o desinterese da Xunta de Galicia polo Ensino Público e o abandono das responsabilidades da Xunta e do Concello que non custodiaron debidamente os bens públicos: Dificultarían, a lo menos, o traballo dos delincuentes poñendo algo tan básico como unha alarma nun edificio público, especialmente grave sendo este ademais de nova construcción e vivindo no século XXI, non no XIX.

0 opinións:
Publicar un comentario en la entrada