09/12/2009

O Desgoberno Eumés.

Xuventudes Socialistas de Pontedeume reprocha a pasividade do Goberno Local eumés en temas tan delicados coma son a Violencia de Xénero ou a loita contra o SIDA.

O pasado día 25 de Novembro o Goberno Local eumés deu claras mostras unha vez máis do pouco interese que esperta no seo interno do grupo popular, un tema tan importante e delicado como o é o da loita contra a Violencia de Xénero, no que os mozos e mozas unha vez máis non existen nin existirán para os edís populares, mentres eles gobernen en Pontedeume.

Tras realizar unha serie de actos, a maioría deles en horario escolar impedindo o achegamento dos máis novos aos devanditos actos. O Goberno Eumés satisfeito coa súa foto e boa obra realizadas, dedicouse unha vez máis a deixarse levar pola súa improvisación esquecéndose dos mozos e mozas, e incluso esquecéndose de retirar o lazo violeta da fachada do Concello. Lazo que non foi emprazado polo do SIDA no seu día.

Resúltanos vergoñento, que dende o Concello de Pontedeume, non se leven a cabo actividades xuvenís de divulgación, concienciando de tan delicado tema aos mozos e mozas, así coma que se ignore a mocidade cando se realizan actos coa fin de atallar cuestións de esta índole.

Queremos lembrarlle a súa vez, que o 29% das chamadas ao 016 son realizadas por mulleres novas, e que o 41% das denuncias por Violencia de Xénero son iniciativa de mulleres de igual perfil. A maiores e máis alarmante é que un 80% das mulleres adolescentes pensan que se pode agredir, facer sufrir e causar dano a alguén a quen se quere, o que esperta a nosa preocupación e é por iso, que queremos transmitirlle ao Goberno Local, que eles tamén desempeñan un papel fundamental nesta labor de erradicación da Violencia de Xénero, e non deben de permanecer impasibles ante dita situación.

A maiores, por se isto fora pouco, un día tan importante como é o día 1 de Decembro, no cal se conmemora a loita contra o SIDA, nos tivemos que topar cun Concello que permaneceu indiferente, e non celebrou ningún acto, nin repartiu documentación divulgativa e de prevención, nin preservativos entre a mocidade, nin nada de nada, o que demostra que continuamos ante un Goberno Local con cero propostas, cero interese pola mocidade, cero interese por temas de tanta importancia, e cero interese por desempeñar a súa labor como administración pública máis próxima aos cidadáns.

Desde as XSG de Pontedeume, supoñemos que o problema que se deu é que o reparto de información sexual e de prevención, así coma de preservativos, atenta contra a ética e moralidade que o PP defende no seu seo interno, algo que nós, lamentamos profundamente.

Tamén queremos recordarlle ao Alcalde a súa lamentable afirmación de que, “os mozos e mozas non son a súa prioridade”, pero desexamos que non se esqueza de que goberna para todos e todas e non só para os que teñen capacidade de voto.

Namentres nós, XSG de Pontedeume, pese a nosa escaseza de medios e recursos, comprometémonos a repartir nas próximas semanas información e preservativos entre os mozos e mozas da nosa vila de forma gratuíta e simbólica.

O Goberno crea unha páxina web para informar sobre a "Economía sustentable"



O Goberno creou unha web (http://www.economiasostenible.gob.es/) co obxectivo de informar os plans e reformas que integran a futura Lei de Economía Sustentable (LES).

A web poderá ser visitada a partir desta mesma tarde e nela poderase consultar desde o propio Anteproxecto, aprobado no Consello de Ministros a finais de novembro, ata a estratexia da Economía Sustentable con todas as medidas propostas, así como o discurso do presidente do Goberno ante o Pleno do Congreso dos Deputados do pasado mércores.

A web integrará vídeos, infografías, contidos interactivos e estará conectada ás principais redes sociais que existen en Internet. A información contida na web será actualizada permanentemente e os plans de reformas iranse traducindo, ao mesmo tempo, en accións concretas das que tamén se dará conta en http://www.economiasostenible.gob.es/

Co anteproxecto da lei de Economía Sustentable o Goberno quere renovar o modelo produtivo da economía española cara a outro máis sustentable desde o punto de vista económico, social e ambiental.

04/12/2009

Sí ao Galego.


A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo .
O texto informa á Xunta de Galicia de que "as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas
Rexionais e Minorizadas.
A EBLUL afirma na súa resolución que "resulta de especial gravidade" que "non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas", senón "que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa", entre os que se cita á antiga Rede Galega de Escolas Infantís, Galescolas, "a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego".
O documento "anima" ao Goberno galego a "que desenvolva unha política lingüística de extensión social da lingua propia de Galicia", á vez que lle advirte de que, "de continuar a súa política de desprotección", trasladarase a situación aos diferentes foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.
Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU).
Con noticias coma estas, máis dun debería de reflexionar sobre o dano que está intentando facerlle ao idioma propio do noso país, antes de seguir adiante co estandarte da estupidez alzado facendo do idioma un arma, coma o fai a actual Xunta de Galicia.
“Sendo galegos non debemos ser máis que galeguistas” – Alfonso D. M. Rodríguez Castelao.

03/12/2009

Balance Novas Enerxías.

02/12/2009

Unha barredoira para uso PPopulista.


Non hai moito tempo, todos os eumeses e eumesas puidemos ser testemuñas de como o Concelleiro de Obras e Servizos (PP), Javier Crespo, crecíase coa súa palabrería sobre a adquisición dunha Moto varredora que axudaría a mellorar a limpeza do noso pobo (actualmente nun estado de suciedade e decadencia desorbitado) á vez que con dita adquisición cubriríase unha importante demanda dos eumeses e eumesas.

Case rematado o ano, volvemos ser testemuñas de como a propaganda populista PePera de Pontedeume queda unha vez máis en fume que desaparece co tempo entre tanta palabrería. Aclaramos veciños e veciñas, que dita Moto varredora subvencionada pola Deputación da Coruña, está oculta nunhas instalacións do Concello, criando telarañas e bañándose no po que en teoría, ía limpar.

Devandito concelleiro, sen pelos na lingua e sobre todo sen un mínimo de decencia, tentou facernos pasar a todos os eumeses e eumesas por parvos no pasado Pleno Municipal Ordinario, ao afirmar que a Moto varredora non estaba en funcionamento debido a que a limpeza neste pobo era eficaz e eficiente, e por iso, o uso de tal maquinaria era innecesario.

Pois ben, nós preguntámonos en que pobo reside o Concelleiro de Obras e Servizos, o Señor Javier Crespo? o cal non quere recoñecer a lamentable situación de sucidade que asola o noso pobo debido a súa pésima por non dicir nula xestión en dita area.

É sabido por todos os habitantes da vila, e polos turistas que nos visitan, que a limpeza neste pobo brilla pola súa ausencia debido a mala xestión do Concelleiro Javier Crespo, o cal, en vez de recoñecer que é unha materia delicada e con numerosas deficiencias, non tivo mellor ocorrencia que afirmar que é todo o contrario e que os demais ou estamos cegos, ou vemos na evidencia cousas que non son reais, e por iso a Moto varredora e mellor tela gardada, sendo o único Concello de Galicia no que desaproveitan a maquinaria, e non lle dan o uso debido.

Nós temos a resposta verdadeira de por que a Moto varredora non está a ser utilizada, e é por que o Goberno Local eumés, e máis en concreto, o Concelleiro de Obras e Servizos o Señor Javier Crespo, antepoñen os intereses políticos a limpeza do noso pobo, polo que prefiren manter o pobo sucio para que así chegada a véspera das eleccións municipais, intenten enganar aos cidadáns, como xa veñen intentando facer ata o de agora.

Non se enganen unha vez máis, os parvos non somos nós nin os cidadáns, os parvos son os que enganan a cidadanía con palabrería para logo non facer nada de nada, como o fixeron vostedes hai dous anos, e coma seguen a facer na actualidade.

01/12/2009

Día mundial contra el sida.


30/11/2009

Miles de abusos a nenos e nenas durante máis de 40 anos, foron silenciados pola alta xerarquía eclesiástica de Irlanda.



-A Igrexa Católica volve a dar unha imaxe penosa e lamentable ao descubrirse novamente un caso de abusos sistemáticos a menores, que constata unha vez máis, que a Igrexa non é só unha institución obsoleta e retrógrada, senón tamén unha institución chea de fechorías, torturadores e pederastas.

"Miles de nenos e nenas de Irlanda foron obxecto durante máis de 40 anos de torturas físicas e psíquicas, así coma tamén de abusos sexuais continuados ao longo do tempo"

Un recente informe feito público en Irlanda, verifica o que todo o mundo xa viña intuíndo, que a Igrexa Católica é unha institución que predica do que non é, e da exemplo de condutas nefastas ao retomar fórmulas ata agora abandonadas, aplicadas con anterioridade pola Inquisición, como son a tortura física e psíquica ou os abusos sexuais.

Unha investigación levada a cabo por orden dun xuíz irlandés, pon ao descuberto que a alta xerarquía da Igrexa Católica Irlandesa ocultou con gran empeño para así ocultar as súas fechorías, mentres que os nenos e nenas seguían a ser torturados e sometidos a todo tipo de vexacións.

No documento, figuran como implicados unhas oitenta institucións estatais rexentadas por relixiosos e relixiosas de Irlanda, e case un centenar de sacerdotes e monxas que encargábanse de someter aos nenos a nenas a todo tipo de torturas, infundíndolles o pánico no corpo, a base de golpes xustificados segundo eles, pola actitude provocativa dos nenos e nenas que estaban posuídos por unha excesiva apetencia sexual.
Este delito continuado, no cal os mozos e mozas son obxecto de todo tipo de vexacións, foi posible grazas ao esforzo da Igrexa por ocultalo, e a un estado que os amparou ata que alguén quixo poñer fin ao problema.

Namentres en España, temos que aguantar como os membros do PP saen ás rúas a manifestarse da man da Igrexa Católica, esa mesma Igrexa que está implicada en miles de casos de pederastia e tortura. Esa mesma Igrexa que ameaza aos políticos por desenvolver con total liberdade o seu traballo. Esa mesma Igrexa que está en contra do aborto desexando que moitos máis mozos e mozas abandonados e desamparados caian nas súas institucións. Esa, é a Igrexa Católica, a que non quere que as nais decidan e poidan exercer o seu dereito a traer ao mundo ou non a un neno ou nena amparadas pola lei, o cal pode que teña que ser abandonado nalgunha institución desta índole polas dificultades polas que poida pasar a nai, e sexan tamén posibles vítimas de abusos continuados en vista do historial do que pecan os que en teoría limpan os pecados.
Preguntámonos se todos os que están involucrados nesta atrocidade en Irlanda, tamén serán excomulgados, como afirmou a Igrexa que fará cós políticos españois que están a favor da lei IVE, os cales a diferencia de ditos sacerdotes e monxas, non cometeron delito algún senón que ao aprobar dita lei súmanse a defensa do dereito a decidir das mulleres e as protexen coa lei para que non sexan posteriormente xulgadas coma delincuentes.
Supoñemos que marcar a "X" na declaración da Renda, como nos invitaban a facer os membros de NNGG de Pontedeume, contribúe a que a Igrexa ingrese máis diñeiro dos nosos impostos para logo destinalos a este tipo de Institucións, polo que nós reiteramos que NON FINANCIEMOS A UNHA IGREXA CHEA DE PEDÓFILOS E TORTURADORES, posto que facelo sería dalgunha maneira ser cómplice do que se fai no seu seo, e non queremos que o noso país sexa partícipe nunca máis de axudar a financiar unha institución que oculta delitos de pederastia e tortura.

25/11/2009

Non a violencia de xénero!!!




Como era de esperar, unha vez máis o Goberno Local de Pontedeume, nun día tan importante como o é hoxe, esqueceuse dos máis novos e novas como o veu facendo até agora, quedando unha vez máis ao descuberto a penosa frase do Alcalde "os mozos e mozas non son a miña prioridade", e é por iso que non sendo a súa prioridade, era de esperar que tampouco nun día como o de hoxe iban a ser tidos en conta como era debido.

Para nós, os que carecemos de medios económicos, de medios materiais, non temos a chave do poder, nin a fixación en traballar máis nada que polos que votan, unha vez máis denunciamos o pasotismo do Goberno Local á deriva encabezado polo PP de Pontedeume, que por desgraza mira cara a outro lado cando asoma por algún lado a palabra mocidade.

Agradecemos e felicitamos ao goberno polos actos realizados hoxe en Pontedeume, pero temos que facer unha dura crítica sobre o enfoque que recibe a campaña, na que a xente nova non existe, e na que é evidente a falta de dotación orzamentaria e de materiais de divulgación.
A maiores, cabe citar que non é lóxico e de recibo que se realicen ditas actividades sempre en horario escolar, o que imposibilita a asitencia dos máis novos e novas e con iso, dita campaña só chegue aos adultos ou á pouca xente que non ten impedimento dalgún tipo.

Actualmente coñécese que 14 mulleres menores de 30 anos morreron a mans das súas parellas ou ex parellas durante o ano 2009, de entre elas 4 eran menores de 20 anos, unha cifra que a pesar de reducirse en comparación co ano anterior segue sendo igual de alarmante.
A maiores recoñecese que o 29% das chamadas ao 016 son realizadas por mulleres novas, e que o 41% das denuncias por Violencia de Xénero tamén se corresponden con mulleres de igual perfil.

Igual de alarmante e grave son os datos que confirman que un 32,1% de mozos e un 14,4% de mozas considere normal que un mozo obrigue ásúa noiva a manter relacións sexuais con el nalgunha ocasión, e é especialmente grave que o 80% das mozas de entre 15 e 19 anos, e un 75% dos mozos non relacionen a falta de amor cos malos tratos.

É dicir, un 80% das mulleres adolescentes pensan que se pode agredir, facer sufrir e causar dano a alguén a quen se quere, e non identifican as condutas de abuso psicolóxico, como o control do tempo, da roupa ou das amizades; a coacción, a chantaxe, as ameazas, ou os zarandeos á parella como violencia ou agresión. É máis, desgraciadamente comportamentos que están na base e no inicio do problema, como os celos e o control esaxerado, son para moitos e moitas adolescentes síntomas de amor e preocupación pola parella, e non o ven como o posible xerme do problema.

É por iso que desde XSG Pontedeume denunciamos que non se están levando a cabo campañas de divulgación e concienciación entre os mozos e mozas menores de idade da nosa vila, xa ben sexa polo abandono da mocidade por parte do Goberno Local, como pola falta de orzamentos para campañas xuvenís que contribúan a lograr o que hoxe se conmemora, a ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, XA!!!

Videos de interese:
http://www.youtube.com/v/SndmKXvB4lk
http://www.youtube.com/v/SVnZy3MYGHc
http://www.youtube.com/v/yTBAwz4kiOE
http://www.youtube.com/v/MeQ60UeLu5g